PrácTICa 2. "A verdadeira importancia e emprego do ordenador"
Sabemos
que o emprego dun ordenador se multiplicou nos últimos anos polas
múltiples posibilidades que ofrece a gran nube de Internet. O ordenador
pasou de ser unha complexa máquina aislada a ser tan só unha computadora
mais conectada dalgunha forma a outros millóns delas.
Cada
vez o coñecemento do uso, aínda que sexa o emprego básico, achegase
mais ás xeracións mais novas. Creo que a causa é evidente. Nestes
últimos anos a vida social pasou a ser, atreveríame a dicir, que ata nun
90% a través das xa coñecidas para todos redes sociais. Opinan algúns
que gracias á alternativa de relacionarse cos demais sen ter que dar a
cara, moitas persoas conseguiron facer máis amigos dos que faría nunca
na vida cotidiá. Pero paremonos a pensar que significa a palabra “amigo”
transferida ao contexto dixital, porque dado o feito de que moitas
persoas que se falan a través dun chat de calquera rede social, nin
sequera se saúdan pola rúa. E ahí a cuestión.
Pola
miña parte, adoito empregar a rede social Tuenti desde hai 4 anos. Ó
principio non me interesaba entrar nesa nube, pero había curiosidade de
con respecto ao feito de que todos a usaran, e que facilidades ofrecía
para que na xente existira unha ambición, en moitos casos excesiva, de
chegar á casa e conectarse.
Houbo
un tempo no que entrei nese círculo vicioso que incitaba a que cada vez
que cerraba sesión na miña conta, empezaba sin que eu me enterara, unha
conta atrás para o momento de volver a abrila.
É
inútil que os nenos, adolescentes e xa non tan adolescentes neguemos
que esa forma de vida que temos ó alcance nos ten absorbidos, porque
sabemos nós mesmos notamos esa adicción, pero non a consideramos hostil.
Xa
non emprego tanto a rede Tuenti, conéctome de cando en vez para mirar
notificacións. Pero isto non significa que deixara de lado o mundo da
información, o mundo de estar sempre comunicado, porque a recente
aplicación Whatsapp é un soporte ao que estás sempre conectado a non ser
que non teñas internet. Este tipo de apps absorbenos por completo e
minan a nosa atención ao mundo real.
Escollín
a asignatura “TIC” para chegar a coñecer todo o posible o mundo de
internet: de que maneira poden acceder á información que comparto nesa
gran nube; de que maneira poden utilizala contra ti e aprender a
protexer os meus perfiles, ou, polo menos, saber realmente a que me
enfrento cando publico determinados datos. Tamén para coñecer e
diferenciar lugares de descarga de contidos que podan ser peligrosos
para o meu equipo, que podan danalo.
É
certo que as novas xeracións entramos antes no mundo de internet, pero
só levados pola curiosidade e presión que supón querer usar as redes
sociais coma os demais e aprendemos a base de experiencia, por eso opino
que nos expoñemos a riscos enormes como poden ser acosos, enganos,
ameazas, chantaxes... É un mundo que temos demasiado subestimado. Acoso a niña que acaba en UCI
Las chicas, principales victimas del ciberacoso
PracTICa 1, Google Maps
Ver mapa más grande Situación da casa, ruta internacional, street view.
Ver mapa más grande Situación de casa en relieve.
Ver mapa más grande Ruta a lugar internacional, Venecia.
Ver mapa más grande Monumento importante.
Nonsepodeincrustarmapa
Benvidos/as.
Son Marco Casal. Estudio primeiro de bacharelato no IES Praia Barraña. Este será o meu instrumento de traballo.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)









