PrácTICa 2. "A verdadeira importancia e emprego do ordenador"

Sabemos que o emprego dun ordenador se multiplicou nos últimos anos polas múltiples posibilidades que ofrece a gran nube de Internet. O ordenador pasou de ser unha complexa máquina aislada a ser tan só unha computadora mais conectada dalgunha forma a outros millóns delas.
   
Cada vez o coñecemento do uso, aínda que sexa o emprego básico, achegase mais ás xeracións mais novas. Creo que a causa é evidente. Nestes últimos anos a vida social pasou a ser, atreveríame a dicir, que ata nun 90% a través das xa coñecidas para todos redes sociais. Opinan algúns que gracias á alternativa de relacionarse cos demais sen ter que dar a cara, moitas persoas conseguiron facer máis amigos dos que faría nunca na vida cotidiá. Pero paremonos a pensar que significa a palabra “amigo” transferida ao contexto dixital, porque dado o feito de que moitas persoas que se falan a través dun chat de calquera rede social, nin sequera se saúdan pola rúa. E ahí a cuestión.

Pola miña parte, adoito empregar a rede  social Tuenti desde hai 4 anos. Ó principio non me interesaba entrar nesa nube, pero había curiosidade de con respecto ao feito de que todos a usaran, e que facilidades ofrecía para que na xente existira unha ambición, en moitos casos excesiva, de chegar á casa e conectarse.

Houbo un tempo no que entrei nese círculo vicioso que incitaba a que cada vez que cerraba sesión na miña conta, empezaba sin que eu me enterara, unha conta atrás para o momento de volver a abrila.

É inútil que os nenos, adolescentes e xa non tan adolescentes neguemos que esa forma de vida que temos ó alcance nos ten absorbidos, porque sabemos nós mesmos notamos esa adicción, pero non a consideramos hostil.

Xa non emprego tanto a rede Tuenti, conéctome de cando en vez para mirar notificacións. Pero isto non significa que deixara de lado o mundo da información, o mundo de estar sempre comunicado, porque a recente aplicación Whatsapp é un soporte ao que estás sempre conectado a non ser que non teñas internet. Este tipo de apps absorbenos por completo e minan a nosa atención ao mundo real.

Escollín a asignatura “TIC” para chegar a coñecer todo o posible o mundo de internet: de que maneira poden acceder á información que comparto nesa gran nube; de que maneira poden utilizala contra ti e aprender a protexer os meus perfiles, ou, polo menos, saber realmente a que me enfrento cando publico determinados datos. Tamén para coñecer e diferenciar lugares de descarga de contidos que podan ser peligrosos para o meu equipo, que podan danalo.
É certo que as novas xeracións entramos antes no mundo de internet, pero só levados pola curiosidade e presión que supón querer usar as redes sociais coma os demais e aprendemos a base de experiencia, por eso opino que nos expoñemos a riscos enormes como poden ser acosos, enganos, ameazas, chantaxes... É un mundo que temos demasiado subestimado.  
 Acoso a niña que acaba en UCI
 Las chicas, principales victimas del ciberacoso

No hay comentarios:

Publicar un comentario